Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A POLICÍA LOCAL OFRECERÁ ASESORAMENTO PARA A APLICACIÓN DA NORMATIVA ESTATAL SOBRE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Fecha: 2020-05-16

 

 

Os hostaleiros poderán remitir previamente un bosquexo do plan de apertura e a Policía Local facilitará un certificado de cumprimento.

 

Ante as numerosas consultas xurdidas estes días sobre a apertura de locais, especialmente sobre as terrazas de bares e restaurantes, o Concello do Grove estableceu un sistema de consulta para que, quen o requira, poida contar co visto e prace da Policía Local no relativo ao cumprimento da normativa nas distintas fases da desescalada. Trátase de que as e os hostaleiros conten con información adecuada sobre este aspecto e poidan abrir os seus establecementos con garantías e tranquilidade, proporcionándolle tamén seguridade á clientela.

 

Para poder acollerse a este servizo só é necesario contactar coa Policía Local remitíndolle un bosquexo ou esquema da disposición das mesas na terraza e no local. A Policía revisará in situ esta proposta e, unha vez validada, facilitaralle á persoa solicitante un certificado que poderá expoñer ao público e no que constará a distribución e a antedita validación. Deste xeito estase traballando en facilitar a apertura dos locais e na seguridade tanto das persoas traballadoras como das usuarias.

 

Lémbrase, ademais, que o Concello elaborou unhas infografías sobre as zonas máis importantes que se deben coidar nos distintos tipos de establecementos para evitar contaxios. Estas infografías están dispoñibles nas redes sociais ou poden solicitárselle directamente ao Concello.