INÍCIANSE OS TRABALLOS DE ROZA EN SAN VICENTE
Fecha: 2020-05-22
Logo de que se retomara a actividade na vía pública, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o Plan de traballo para o mantemento de estradas da súa titularidade na provincia e foi onte cando comezou a actividade no Grove. En concreto, a Deputación trasladou unha unidade de roza e dous operarios que comezaron as tarefas de roza da estrada entre O Grove e San Vicente, onde estarán traballando durante os vindeiros días.
Este traballos considéranse fundamentais na posta a punto da localidade, tan necesaria logo do parón producido durante a corentena, polo que o apoio da Deputación a este respecto resulta primordial e contribúe aos esforzos que está poñendo en marcha o Concello.