OS TRABALLOS DE POSTA A PUNTO DO CONCELLO DO GROVE COMEZAN A DAR OS SEUS FROITOS
Fecha: 2020-05-26
Inda que o Concello segue traballando na ampliación de persoal para lles poder facer fronte a todas as necesidades, o Plan de limpeza comezou e empeza a amosar os seus efectos.
O Plan integral de limpeza do Concello do Grove comezou con moito impulso esta mesma semana. Así, os esforzos iniciais estanse concentrando nos accesos á localidade (aínda en zonas que non son de titularidade municipal) e na zona rural que estaba especialmente afectada pola crecida da maleza sufrida durante o período de corentena. Prestóuselle especial atención á zona de Moreiras, preparando así a inminente reapertura do Museo da Salga, ademais de fixarse nos camiños que permiten realizar actividades de sendeirismo, permitidas na fase 2 da desescalada.
Os traballos centráronse en limpeza, roza e xardinería, e nalgúns espazos como o Monte Central o parque dos Grobits requiriu tarefas de mantemento, polo que agora mesmo xa gozan dun aspecto adecuado para o seu desfrute.