O CONCELLO ÚNESE AO LOITO OFICIAL POLA VÍCTIMAS DO CORONAVIRUS
Fecha: 2020-05-27
Manteranse os dez días de loito oficial que o Goberno decretou desde hoxe e ata o 6 de xuño.
Aínda que as bandeiras do Concello do Grove levan xa máis dunha semana a media hasta o Goberno local quere deixar constancia de que a localidade se atopa de loito, ao igual que o resto do país, tras o anuncio realizado polo presidente do Goberno. O Concello colocará un crespón negro da fachada da Casa do Concello ademais de inserir este símbolo de dó tamén na web institucional e nas súas redes sociais.
Desde o Concello do Grove quere transmitírselles o máis sentido pésame ás familias e ás amizades das persoas falecidas durante esta pandemia, compartindo con elas a dor pola perda e reiterando o desexo dunha pronta solución deste grave problema e da colaboración de todos e todas para evitar que se poidan producir máis vítimas.