Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Fecha: 2020-06-03

 

As actividades cumprirán coas condicións da fase correspondente da desescalada.

 

O Concello do Grove segue reactivando as actividades nos seus ámbitos de competencia. Deste xeito, a partir da próxima semana, volverán a organizarse actividades deportivas colectivas dentro do programa de fomento da práctica da actividade física entre os veciños e as veciñas da localidade. Como primeira actividade poñeranse en marcha andainas por diferentes zonas do concello. Estas andainas realizaranse tres días á semana: luns, mércores e venres, con variacións da distancia. Así, os luns serán de 10 quilómetros, de 8 os mércores e de 5 os venres, para que poidan asistir persoas de todas as idades.

 

As actividades desenvoleranse mantendo todas as medidas de seguridade, polo que será obrigatorio empregar máscara durante todo o percorrido e establécese un número máximo de 20 asistentes. A saída das diferentes andainas poderá variar en función do roteiro que se vaia realizar. A primeira actividade terá lugar o mércores 10 de xuño, con saída ás 9.30 horas dende o parque infantil de Confín. As actividades son gratuítas, pero requiren inscrición previa a través do teléfono 607 112 333, ao que poderán chamar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.