Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE REACTIVA O MERCADO SEMANAL CAMBIANDO A SÚA LOCALIZACIÓN PARA GARANTIR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE

Fecha: 2020-06-04

 

O mercado dos venres desenvolverase, a partir desta semana, no paseo de Beiramar.

 

Logo da reunión mantida cunha representación dos vendedores e vendedoras dos postos do mercado dos venres na localidade, o Concello do Grove reactivarao, mais cambiando a súa localización. Ante a imposibilidade de garantir as medidas de seguridade e distancia social no actual espazo da praza do Corgo, o mercado desenvolverase durante as vindeiras semanas no paseo de Beiramar, no lugar que viña sendo habitual nas Festas do Carme e durante a Festa do Marisco. 

 

Os distintos postos cederán dous metros para garantir o distanciamento entre eles e, atendendo as indicacións de Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), serán colocados en liña recta, evitando a creación de corredores estreitos que poidan supoñer aglomeracións de persoas. O Concello do Grove agradece a colaboración dos vendedores e vendedoras para que a medida poida ser posible, ao tempo que anima a veciñanza a asistir a este mercado de xeito gradual e mantendo as medidas de seguridade no tocante á distancia interpersoal e ao uso de máscara; ademais, pide que se evite manipular excesivamente os produtos, polo que incluso recomenda o emprego de luvas.

 

Plano de entradas e saídas: