Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO ACOMETE PEQUENAS MELLORAS PARA RECUPERAR O NÚCLEO URBANO TRAS O PERIODO DE CONFINAMENTO

Fecha: 2020-06-06

 

Os espazos públicos non só están sendo desinfectados e limpados, senón que se tenta mellorar o seu aspecto.

 

Como se vén informando nas últimas semanas, a volta a actividade permitiu poñer en marcha un amplo plan de limpeza que non só ten que lles facer fronte ás novas necesidades de desinfección e á limpeza diaria habitual, senón tamén poñer ao día á localidade logo de dous meses de confinamento sen actividades de mantemento. Deste xeito, son importantes as rozas e as limpezas levadas ao cabo, pero tamén son fundamentais os traballos de mantemento e limpeza en zonas concretas. Onte arrombouse a glorieta da República Arxentina, colocando material para asear a súa base, e realizáronse actuacións de mellora na fonte da rúa do Corgo, colocando unha tapa xa que non conta con instalación para dotala de auga, ademais de mellorar con flores a súa contorna.

 

A incorporación de persoal de limpeza ao Concello permitirá ir poñéndose ao día con todo o pendente. Esta semana xa se incorporaron seis peóns de limpeza e un operario para a roza, e o proceso de selección continuará nos vindeiros días para contar con ata 23 operarios adicionais para a recollida de lixo nas praias e outras áreas de actividade.