Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONFIRMA O DESCOIDO DO MEDIO AMBIENTE DURANTE O CONFINAMENTO

Fecha: 2020-06-06

 

As accións de limpeza emprendida descubriron depósitos incontrolados de refugallo e outras prácticas moi prexudiciais para o medio ambiente e a limpeza da localidade.

 

A reactivación da actividade de limpeza tanto no centro urbano como nos montes da localidade puxo ao descuberto como algunhas persoas aproveitaron o período de confinamento para realizaren actividades ilegais e moi daniñas. Deste xeito, detectáronse depósitos de entullo e outros elementos impropios (electrodomésticos, colchóns, sofás...) nos espazos e camiños en que se están levando ao cabo rozas, o que supuxo que o Concello puxese en marcha as correspondentes investigacións e conta xa con varias propostas de sancións que serán executadas o antes posible.

 

Ademais disto, resulta especialmente preocupante que se atoparan, en varias ocasións e en diversos puntos, restos de poda ao lado dos composteiros. Isto supón un problema grave, xa que os restos de poda deben ser levados ao punto limpo e debe terse en conta que os composteiros non  son cubos de lixo, senón un sistema de xestión de residuos orgánicos. Os restos de poda poden danar o proceso de compostaxe, polo que se deben tratar dun xeito específico. Dende o Concello reitérase a necesidade de concienciación co coidado do medio ambiente como patrimonio de todos e todas.