IMPORTANTES DANOS POLO DERRUBAMENTO DUN ANTIGO DEPÓSITO DE AUGA NA URBANIZACIÓN DE SAN VICENTE DO MAR
Fecha: 2020-06-12
O persoal do Concello xa se encontra no lugar valorando os danos.
Esta mañá produciuse o derrubamento dun depósito de auga na zona de San Vicente do Mar (ao lado do transformador eléctrico). Polo momento descoñécense as causas deste incidente e estanse observando importantes estragos materiais no lugar sen que haxa que lamentar danos persoais. O depósito levaba moitos anos sen uso e incluírase na cesión de elementos públicos realizada o pasado ano ao Concello do Grove. Ao atoparse baleiro, todo parece indicar que o problema pode vir dado por algún desprazamento de terras nesa mesma zona.
O alcalde e o persoal técnico do Concello xa se atopan no lugar valorando os danos, xunto cos corpos de seguridade. Nestes momentos estanse apuntalando algunhas das columnas que aínda permanecen en pé para evitar máis derrubas. A riada provocada polo derrubamento desta instalación provocou tamén cuantiosos danos materiais. Facilitarase información puntual dos datos que se vaian obtendo.