Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ORGANIZA UNHA NOVA ANDAINA POLA LOCALIDADE

Fecha: 2020-06-17

 

Trátase dun roteiro de 5 quilómetros por Pedras Negras.

 

O Concello do Grove retomou a pasada semana as actividades deportivas colectivas a través das andainas que, neste caso, se realizan pola localidade. O vindeiro venres, 19 de xuño, está prevista unha nova actividade deste tipo, neste caso trátase dun percorrido de 5 quilómetros pola paseo de madeiras de Pedras Negras. A saída desta actividade terá lugar ás 9.30 horas dende o Porto Deportivo de San Vicente do Mar. Dende o Concello do Grove faise fincapé en que é aconsellable o emprego de máscara.