O CONCELLO DO GROVE ABRE AO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CLASES DE PÁDEL PARA O MES DE AGOSTO
Fecha: 2020-07-23
O prazo comezará o xoves, 23 de xullo a través do Rexistro do Concello.
Dentro do proceso de recuperación da normalidade que pouco a pouco se estivo desenvolvendo no Concello do Grove, inda que sempre priorizando as medidas hixénicas e de seguridade, no mes de agosto volverán a estar dispoñibles as clases de pádel nas pistas municipais. A inscrición poderá realizarse por Rexistro no edificio administrativo municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. As clases contan con horarios de mañá ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas os martes e xoves, e tamén de tarde, ás 17.00 horas, os luns, mércores e venres.
O custo desta actividade é de 25 euros por clase individual solta; 50 euros ao mes para unha clase individual semanal e 20 euros ao mes para 1 hora de clase semanal para 2 persoas ou 15 euros para clases de 3 a 4 persoas. Estas sesións están pensadas para persoas de 12 anos en diante, mentres que os cativos menores desa idade disporán da denominada “escola de nenos” á que asistirán 6 nenos ou nenas como máximo. Esta terá lugar os luns, mércores e venres ás 9.00, 10.00, 11.00 ou 12.00 horas cun prezo de 12 euros ao mes para o curso xeral e de 15 euros ao mes para o curso de iniciación.
