Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A POLICÍA LOCAL DO GROVE REALIZA CONTROIS EXHAUSTIVOS NAS PRAIAS

Fecha: 2020-07-24

 

Na tarde do martes foron realizados nas praias do Burato da Londra, As Pipas e Seixeliños, ademais de na praia canina do Espiño.

 

Seguindo cos obxectivos marcados dende a fin do estado de alarma, o Concello do Grove busca conseguir que veciños e veciñas se sintan tranquilos e desenvolvan actividades con certa normalidade, pero sempre priorizando a seguridade e a hixiene e buscando evitar posibles contaxios ou infeccións. Ante esta situación, a Policía Local do Grove está realizando continúas revisións e controis que buscan comprobar que se están cumprindo as indicacións sanitarias, especialmente no relativo ao emprego da máscara e ao mantemento da distancia de seguridade nos areais.

 

Deste xeito, a Policía realiza controis nas praias, estendéndoos máis aló das consideradas praias principais e atendendo tamén outros areais da zona. Na tarde do martes as patrullas locais estiveron nos areais do Burato da Londra, As Pipas e Sexeiliños e na praia canina do Espiño. En todos os casos a Policía realizou funcións informativas e agradeceu o respecto das normas por parte das persoas usuarias das praias.