A POLICÍA LOCAL DO GROVE TRAMITA TRINTA PROPOSTAS DE SANCIÓN POR INCUMPRIMENTO DAS ‘NORMAS COVID’ ESTA FIN DE SEMANA
Fecha: 2020-08-10
Os incumprimentos foron detectados tanto na zona urbana como en areais.
Tal e como se tiña informado, esta fin de semana o labor informativo da Policía Local da localidade foi acompañada de medidas sancionadoras no relativo aos incumprimentos das normas de seguridade necesarias pola Covid-19. Así, os axentes da localidade tramitaron trinta propostas de sancións pola ausencia de uso de máscara e ao non mantemento da distancia social. As infraccións foron detectadas tanto nos areais da localidade como nas vías urbanas e nas distintas quendas horarias, xa que esta fin de semana comezou o servizo nocturno.
Dende a Policía Local incídese en informar a veciñanza da importancia destas medidas, xa que, a día de hoxe, son a única posibilidade que temos de frear o virus. A responsabilidade individual e a colaboración de todos e todas mantendo a distancia social, empregando máscara e seguindo as indicacións nos lugares aos que se acceda resulta fundamental. Deste xeito, incídese en que se manterán os esforzos informando, pero non se permitirán incumprimentos que poñan en risco a poboación.