Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Inicio do Curso de Monitor/a de Tempo Libre

Fecha: 2010-11-26

Este sábado, 27 de novembro, ás 11:30 h, preséntase aos medios de comunicación o Curso de Monitores de Tempo Libre que organiza a Tenencia de Alcaldía e Consellería de Xuventude e Emprego do Concello do  Grove no Obradoiro de Emprego (Monte das Flores).

 

Este  curso está homologado pola Xunta de Galicia e a titulación está orientada ao traballo en centros socioculturais, asociacións, campamentos, albergues, concellos, colexios (extraescolares), escolas infantís, empresas turísticas, de lecer e tempo libre, etc.

 

O curso que se inicia mañá vai ter unha duración de 200 horas teóricas impartidas pola Escola de Tempo Libre Fesán durante os sábados de 09.00-14.00h e de 16.00-21.00 h e os domingos de 09.00-14.00 h, ata o 13 de febreiro. Complétase con 150 horas prácticas que se poden facer a través dunha actividade intensiva en campamentos ou similares de 12 días de duración ou ben en 150 horas de actividade periódica no Concello, nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre.

 

As 22 persoas que van participar no curso teñen que ter os 18 anos cumpridos e posuír o graduado en ESO ou equivalente.

 

Na presentación do curso estarán o tenente alcalde Carlos Álvarez e os responsables do curso.