O CONCELLO DO GROVE APROBA O PLAN DE DINAMIZACIÓN E O PROXECTO TÉCNICO DO CAMIÑO ESCOLAR SEGURO PARA O CEIP CONMENIÑO
Fecha: 2020-08-31
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello do Grove unha subvención de 18.128,22 euros para o deseño de camiños escolares seguros nas estradas provinciais. O Concello acolleuse a esta axuda do ente provincial para mellorar os accesos ao colexio Conmeniño.
As actuacións e as obras que se contemplan para a súa execución teñen como obxectivo crear un espazo seguro para que o alumnado deste centro tamén poida ir camiñando á escola con seguridade, malia estar esta situada preto dunha estrada cun importante volume de tráfico rodado.