Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DO CAMPO DE TRABALLO XA TRABALLAN ARREO PARA CONSEGUIR O SEUS OBXECTIVOS DESTE ANO

Fecha: 2020-09-03

Os participantes foron recibidos onte no Concello e hoxe xa se distribuíron polos distintos lugares de traballo.

 

O Concello do Grove acolle ata o vindeiro 12 de setembro o campo de voluntariado “A terra que habita o mar”, organizado pola Consellería de Política Social dentro do programa xuvenil O Verán que necesitas. Os rapaces e rapazas que participan nel (este ano só procedentes de distintos puntos de Galicia) foron recibidos onte na Casa do Concello e hoxe mesmo xa están realizando os traballos propostos. Lembramos que este ano a intención é repasar as zonas traballadas en 2019, evitando rebrotes de plantas invasoras, e traballar noutras onde a influencia destas especies sexa de especial sensibilidade ambiental, tendo como obxectivo a súa extracción e tentando superar as cifras do pasado ano. En canto á recuperación de estruturas, este ano traballarase no “Observatorio do Medio”, situado na estrada que percorre o istmo da Lanzada.