Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO DO GROVE PROCEDE AO ASFALTADO DA ZONA DE TENENTE DOMÍNGUEZ AFECTADA POR UNHA RUPTURA DE TUBAXE

O pasado xoves procedeuse á mellora do firme da rúa Tenente Domínguez.

O Concello do Grove acometeu o xoves a mellora do firme na zona de Tenente Domínguez, no que se interviñera de urxencia para frear a rotura dunha tubaxe varias semanas atrás. Como consecuencia da ruptura (que deixou moitos usuarios sen subministración de auga durante varias horas) foi preciso realizar unha reparación na que se escavou a zona. Isto provocou un burato que foi tapado, pero que danara notablemente a zona. Ante esta situación, o pasado xoves mellorouse o firme e o asfaltado do lugar, nun traballo que busca garantir a estabilidade do resultado, evitando que se volvan producir fochas.


Todas las noticias