Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO ÚNESE Á CAMPAÑA PARA PEDIR MÁIS MATRONAS PARA GALICIA

Co gallo do 12 de decembro, Día da Cobertura Sanitaria Universal, o Concello do Grove únese á campaña reivindicativa de pedimento de máis matronas para Galicia, unha das comunidades do Estado onde a ratio destas profesionais da saúde é menor. Así mesmo, esta acción tamén pretende visibilizar o labor das matronas, fundamental tanto para a saúde sexual, reprodutiva e maternal das mulleres como para a atención das crianzas acabadas de nacer.

Máis información nesta ligazón>


Todas las noticias