Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

A OMIC atendeu preto de 700 consultas e reclamacións

Preséntanse os datos de atención realizada pola OMIC de Concello do Grove no ano 2010, consultas e reclamacións presentadas por parte dos usuarios.

Podemos observar que os sectores máis consultados e reclamados son as telecomunicacións e os servizos das compañías eléctricas, mantendo a tendencia de outros anos.

En xeral o número de reclamacións e consultas aumenta en relación ao ano 2009, e aumentan tamén os sectores consultados, xa que o ano 2009 concentrou unha gran cantidade de solicitudes no sector enerxético.

Desexámoslles dende a Oficina Municipal de Información ao Consumidor un Bo Nadal e un feliz Aninovo, lémbrarlle que no ano 2011 continuaremos ao seu servizo na Casa Azul, r/Castelao 173, baixo.

Datos pincha aquí.


Todas las noticias