Galicia Saudable, en nuestro municipio
Fecha: 2011-01-14
A Concellería de Deportes está poñendo en marcha unha nova iniciativa dentro dos seus proxectos para este ano 2011.
En colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte creouse o proxecto de Galicia Saudable que permitiu ter un técnico contratado durante dous meses que de forma coordinada cos servizos de deportes do concello, elaboraron un proxecto de actividades para poñer en marcha no municipio.
Esta concellería seguirá executando o proxecto con medios propios co cal contratará a un monitor deportivo que se encargará de executar as actividades.
Unha das actividades que se ten programado facer e que xa comezou a súa andaina hai uns días de maneira piloto é a dos PUNTOS MÓVETE. Estes puntos están localizados en S. Vicente, na Casa da Cultura Vázquez Hereder, e o outro nas inmediacións do parque infantil de Confín.
De estos lugares se saldrá todas as semanas (desde Confín, os luns ás 11.00 h e os xoves ás 17.30 h; desde San Vicente, os martes e venres ás 17:30 e os mércores e sábados ás 11.00 h). A maiores crearase, proximamente, unha oficina de valoración deportiva onde todos aqueles que queiran poderán ter a valoración da súa condición física, como a forza, resistencia, nivel de graxa, flexibilidade…. Todo o equipamento da oficina é unha achega da Secretaría Xeral para o Deporte que está formado por:
- Bicicleta estática
- Báscula electrónica seca
- Tallímetro de precisión
- Ciant seca para medida de perímetro con retracción automática
- Pulsómetro polar
- Impedancímetro
- Cronómetro digital
- Licometro metálico
- Dinamómetro
Dentro da actividade programouse como lugar de exercizo o Parque Forestal da Illa da Toxa. Unha iniciativa que busca compatibilizar o exercizo co coñecemento deste monte que durante tanto tempo estivo abandoado pola política local.