Convocatoria de cursos Celga e de linguaxe administrativa galega nas EOI
Fecha: 2011-01-18
O Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro publica a convocaria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2011, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2011 e a segunda en outubro de 2011, en horario de mañá ou de tarde.
No ámbito de influencia do concello do Grove, este ano impartiranse os cusos seguintes:
Cursos de linguaxe administrativa


Cursos Celga
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, mentres que os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, van dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos.
Os prazos para presentar as solicitudes serán os seguintes:
- Para a quenda de febreiro/marzo: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Para a quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.
Para máis información, pode consultar a convocatoria que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro, aínda que para calquera cuestión relacionada pode contactar co SNL do Concello do Grove.