Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

AVISO DE CORTE NA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NO CON (SAN MARTIÑO) E NA PEREIRIÑA (SAN VICENTE)

Co fin de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, o próximo día 🗓 18 de agosto de 2021, ⏰ de 7.00 a 7.40 horas a distribuidora de electricidade UDF (Grupo Naturgy) vai deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade nalgunhas zonas do Con (parroquia de San Martiño) e da Pereiriña (parroquia de San Vicente) durante ese intervalo de tempo.

Desculpen as posibles molestias ocasionadas.

Para calquera aclaración ao respecto, poden poñerse en contacto coa empresa distribuidora encargada das obras a través do seu teléfono: ☎️ 900 333 999.


Todas las noticias