Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO DO GROVE ANIMA Á PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CARTEIS DA FESTA DO MARISCO 2022

O prazo de presentación das propostas remata o vindeiro 3 de xaneiro.

O Concello do Grove anuncia que está aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no concurso do cartel da Festa do Marisco de 2022. As bases, que foron aprobadas polo Consello Local de Turismo, están dispoñibles na web do Concello. O premio está establecido en 300 euros e os bosquexos poderán se entregados nas oficinas do Edificio Administrativo (rúa Alcalde Xacobe Barral) ata as 14.00 horas do 3 de xaneiro de 2022.

O cartel, que terá unhas medidas de 30x45 cm, en sentido vertical ou horizontal, deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (29 de setembro ao 12 de outubro de 2022), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2022”.

BASES DO CONCURSO>


Todas las noticias