AVISO IMPORTANTE: CRIBADO POBOACIONAL NO GROVE ESTA FIN DE SEMANA
Fecha: 2021-11-25
Dado o aumento de incidencia de Covid que estamos a vivir, durante os días
27 e 28 de novembro (sábado e domingo) a Xerencia da EOXI de Pontevedra/Salnés vai realizar un cribado entre a veciñanza da nosa vila con idades comprendidas entre os ![]()
60 e os 79 anos (ambas as dúas incluídas), xa que ese é o rango de idade onde se está a detectar unha maior incidencia de positivos.
![]()
O cribado REALIZARASE NA CASA DA TERCEIRA IDADE, pola mañá en horario de 9.00 a 14.00 horas, e pola tarde desde as 16.00 ata as 21.00 horas.
Para a realización do citado cribado, a Xerencia enviaralles
CITACIÓNS POR SMS a 2.260 veciños e veciñas.
ATENCIÓN: a moita xente estalle xa a chegar unha SMS cunha cita para a fin de semana, pero como centro aparece: "HOSPITAL UNIVERSITARIO DE MONTECELO". Isto refírese a onde foi xerada a SMS, NON É O LUGAR ONDE SE REALIZARÁN A PROBAS!!!
INSISTIMOS: O LUGAR DO CRIBADO É A CASA DA TERCEIRA IDADE DO CORGO, NON O HOSPITAL MONTECELO!!!
![]()
Comentado desde o Concello coa Xerencia o feito de que parte desta poboación destinataria pode non ter teléfono móbil onde recibir a SMS ou mesmo dificultades para encontrar a mensaxe e ler a cita, chegouse ao acordo de que SE ALGUÉN QUE PERTENZA A ESTE GRUPO DE IDADE NON RECIBIU OU NON VEU A DITA SMS, PODE IGUALMENTE ACUDIR AO CRIBADO EN HORARIO DE MAÑÁ CALQUERA DOS DOUS DÍAS E REALIZARÁSELLE TAMÉN A PROBA.
Esperamos a maior participación e colaboración da cidadanía para, entre todas e todos, podermos parar esta nova onda da pandemia na nosa vila.