Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

VIDEOFÓRUM ARREDOR DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL #PUTADAGUAPA

Fecha: 2021-12-09

Destinado á poboación xeral, principalmente á xente nova.

 

#Putadaguapa é un documental feito no IES Carlos Casares de Vigo que pon o foco na trata con fins de explotación sexual. A peza naceu como parte dun proxecto xurdido da necesidade de cuestionarnos e interesarnos polo que está a pasar na poboación máis nova, pois os datos confirman que cada vez aumenta máis o consumo da prostitución en mozos e mesmo en moitos casos é a súa primeira experiencia de socialización coa súa sexualidade.

 

Este material audiovisual ten unha finalidade didáctica e de sensibilización que deixa constancia daquelas reflexións, análises, capacidades críticas en dous grupos de mozos e mozas de entre 16 e 18 anos ao redor de temáticas relacionadas coa percepción no imaxinario social acerca da trata con fins de explotación sexual, considerada pola Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero como unha forma de violencia machista.

 

A cita é mañá venres, 10 de decembro, ás 19,00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.