Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: O CONCELLO DO GROVE ANUNCIA CAMBIOS NO CARTEIRO REAL E NA GRAN CABALGATA DE REIS PARA ADAPTALOS ÁS CONDICIÓNS SANITARIAS ACTUAIS

Fecha: 2021-12-30

 

O Concello do Grove quere anunciar que se mantén a Cabalgata de Reis, pero con algúns cambios para poder adaptala ás condicións sanitarias actuais.

 

Carteiro Real

Cancélase a recepción do Carteiro Real prevista para o domingo 2 de xaneiro na rúa Castelao, instalarase unha caixa do correo diante das carpas do Mercado de Nadal de Grovemakers para que toda a rapazada poida deixar as súas cartas o domingo 2 e o luns 3 de xaneiro.

 

Gran Cabalgata de Reis

Mantense a Gran Cabalgata de Reis co mesmo horario e percorrido, pero suspéndese a recepción dos Reis Magos na Casa do Concello así como o tradicional discurso no balcón. As súas maxestades non baixarán das carrozas nin pararán na Casa do Concello nin en ningún outro punto.

 

A cabalgata comezará ás 18.00 h con saída desde o CEIP Valle-Inclán cara á avenida Tenente Domínguez, percorrerá o primeiro tramo da Castelao en sentido contrario á circulación, segundo tramo da Castelao peonil, tomará o cruzamento cara á Rúa da Praza, rúa Pablo Iglesias tamén en sentido contrario á circulación, praza do Corgo, Rotonda das Garzas, subida por Luís Casais, de novo o tramo peonil da rúa Castelao, Luis A. Mestre e avenida de Portugal.

 

Chamamento á poboación

En nome dos Reis Magos de Oriente o Concello fai un chamamento a toda a poboación para que se distribúa por todo o percorrido e evite formar aglomeracións, sobre todo na rúa Castelao e na praza do Corgo, que adoitan ser os puntos máis conflitivos.

 

Caramelos

As actuais condicións sanitarias fan imposible a tradicional tirada de caramelos, polo que as súas maxestades deixarán paquetes individuais para toda a rapazada da vila que serán repartidos nos centros educativos ao comezo das clases de xaneiro.