Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Convocatoria do pleno ordinario do Concello do Grove

Convocatoria de Pleno ordinario.

Data: Luns 31 de xaneiro, 20:30 h.

Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello

Orde do día:

A) Aprobación da acta da sesión anterior: 29-11-2021

B) Parte resolutiva

1.Expediente 207/2022. Toma de posesión de Sara Abeijón Prado como concelleira do Grupo municipal do BNG

2.Expediente 204/2022. Elección dun representante do Concello na Mancomunidade do Salnés por renuncia

3.Expediente 190/2022. Ditame da Moción de EU para a renovación do Convenio colectivo e melloras das condicións laborais das traballadoras do Servizo de Atención no Fogar

4.Expediente 194/2022. Ditame da Moción do PP para esixir ao presidente do Goberno de España o cese inmediato do ministro de Consumo polos seus ataques á gandería e ao sector cárnico español

5.Expediente 199/2022. Ditame da Moción do BNG para a recuperación de Adro Vello e a súa contorna

C) Mocións de urxencia

D) Actividade de control

1. Dación de conta dos decretos emitidos desde a última sesión plenaria

2. Dación de conta dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local por delegación desde a última sesión plenaria

3. Expte. 155/2021. Dación de conta do PMP e morosidade do 4º trimestre 2021

4. Expte. 195/2022. Dación de conta da execución do orzamento do 4º trimestre 2021

5. Expte. 3544/2021. Dación de conta da Resolución do Plan Orzamentario a medio prazo 2022-2024

E) Rogos e preguntas


Todas las noticias