Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-23 AXUDAS

Fecha: 2022-06-01

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2022-2023)

 

 

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2022-2023.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

 

 

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindi-ble cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

 

 

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

 

-  Fotocopia do DNI do solicitante.

-  Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).

-  Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)

- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente declaración da renda do exercicio de 2021).

-   Xustificante de matrícula.

-   Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca

 

 

A documentación deberá entregarse no REXISTRO MUNICIPAL

Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa.

 

Para acceder ao documento de solicitude prema aquí