Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O GROVE CON ORGULLO

Fecha: 2022-06-25

 

 A Concellaría de Igualdade programa a través do Centro de Información ás Mulleres unha serie de actos culturais en torno ao día do orgullo LGTBIQA .

 

 

O obxectivo é darlle visibilidade ás diversas identidades de xénero ou, en palabras da directora do documental Persoas SA, Carmen PG Granxeiro “realidades por moita xente descoñecidas e é dende ese descoñecemento que o medo, a violencia, a discriminación e a intolerancia rebélanse como respostas inxustas, para quen as recibe pero tamén para quen as xera. A educación e a comunicación son parte fundamental para erradicar un problema social, o das fobias, que nos afecta a todas as persoas que vivimos en sociedade, en comunidade”.

 

 

Escolleuse para esta programación o lema “O Grove con orgullo” para remarcar a importancia de sentirmos o orgullo de ser quen somos, sen reducir  a nosa definición como persoas a unha etiqueta sobre a nosa identidade de xénero ou a nosa orientación sexual, destacando a importancia de centrarnos nas persoas e na vida. Porque como ben di Niko Elsker, as realidades sociais  constrúense a través da transmisión oral, do que nos contamos e do que contamos a outras persoas.

Por iso propoñemos traballar desde a cultura e a educación,  para que as historias que imperen sexan as  do respecto á diversidade, o bo trato e o amor.

 

O GROVE CON ORGULLO

 

Venres 1 de xullo. PERSOAS SA. Documental e coloquio posterior, a cargo de Carmen PG

Granxeiro. Auditorio. Monte da Vila. 20:00 horas

A entrada será libre e gratuíta.

 

 

Domingo 3 de xullo. CONTOS INVERTIDOS. Contacontos a cargo de Niko Elsker.

Rúa Castelao. 13:00 horas.

Será un espectáculo ao aire libre

Venres 8 de xullo. OBRADOIRO CONTEMOS UN CONTO. A cargo de Niko Elsker

                               Antiga Escola Infantil Monte da Vila.10:00 horas                           

                               A partir de 12 anos.

                               Para esta actividade será necesaria inscrición previa no CIM.

 

 

Máis información e inscricións:

 

 

Centro de Información ás Mulleres

Paseo marítimo de Lordelo s/n

cim@concellodogrove.es – 986730900