VOLVEN AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2022-08-16
Despois do verán a Concellería de Deportes volve coas actividades deportivas que realiza ao longo do ano. A partir do martes 16 de agosto ábrese o prazo de inscrición para as clases de ximnasia de mantemento para maiores, ximnasia para adultos, tonificación e taichi.
As inscricións realizaranse no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo, en horario de 9.00 a 14.00 h. Poderán recollerse os impresos a partir do martes 16 de agosto no Rexistro do Concello.
As clases iniciaranse no mes de setembro e seguiranse con todos os protocolos para previr a Covid-19.