Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ORDENANZA REGULADORA DA ACTIVIDADE DE OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS E OUTRO MOBILIARIO

Fecha: 2022-10-11

O Concello do Grove precisa dispor dunha ordenanza, reguladora da actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e outro mobiliario, coa finalidade de establecer a regulación das autorizacións municipais para a instalación de terrazas anexas aos establecementos de hostalería.

 

Nos últimos anos a ocupación de espazo público con terrazas aumentou considerablemente. Esta situación fai necesaria a redacción dunha ordenanza capaz de regular as autorizacións de instalación de terrazas co fin de facer compatible a utilización do espazo público para o gozo dos usuarios da vía coa ocupación desta por parte dos titulares dos establecementos. Tómanse así medidas tendentes a buscar un equilibrio e unha distribución equitativa e razoable do dominio público.

 

Con esta ordenanza trátase tamén de acadar unha uniformidade nos materiais empregados para todo o mobiliario que se empregará polos establecementos que soliciten a instalación dunha terraza no termo municipal do Grove.

 

DESCARGA PROXECTO ORDENANZA

 

Presentar suxerencias:

 

DOCUMENTO DE CONSULTA PUBLICA