INSCRICIÓN CLASES DE TENIS CURSO 2022-2023
Fecha: 2022-12-14
O Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes vai impartir a partir do 9 de xaneiro de 2023, clases de tenis para nenos, adolescentes e adultos os martes e os sábados pola tarde no pavillón do Colexio Conmeniño. No caso dos nenos de 6 a 11 anos as clases serán os sábados pola tarde en dous grupos de ata un máximo de 8 nenos en horario de 16:00 a 17:00 h ou ben de 17:00 a 18:00 h. Os martes as clases serán para os rapaces e adultos a partir dos 12 anos. As clases poden ser individuais, de 2 persoas ou de 3-4 persoas nos seguintes horarios, de 20:00-21:00 h, de 21:00 a 22:00 e de 22:00 a 23:00 h.
Trátese dunha nova actividade organiza para fomentar o deporte entre os nenos e adultos. O tenis é moi coñecido polas vantaxes que implica, a mellora da construción muscular, a concentración, a resistencia, a potencia, a coordinación e a mente.
As persoas interesadas en participar na actividade deberán inscribirse no Rexistro do Concello a partir do luns 19 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 h.
Toda a información e o formulario de inscrición AQUÍ