REALIZACIÓN DUN ESTUDO TÉCNICO DE ESTIÓN E PREVENCIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS
Fecha: 2022-09-29
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o 15 de outubro de 2021, aprobou as bases reguladoras da concesión de subvencións para a elaboración de estudios técnicos de xestión e prevención de residuos municipais. Esta liña de subvencións, enmarcadas dentro do PLAN REVITALIZA, estivo destinada a financiar a redacción dun Estudo técnico de xestión e prevención de residuos municipais do concello do Grove que integra un estudo económico da solución ou solucións propostas que servirán de base para a elaboración dunha futura ordenanza fiscal e unha ordenanza que regule o próximo modelo de xestión de residuos no municipio. A subvención para a realización do estudo técnico ascendeu a un total de 15.000 €.
.jpeg)