Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Lista Provisional PAI

Fecha: 2023-07-24

 

LISTA PROVISIONAL DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS PRAZAS DO PAI PARA O CURSO 2023-24

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas das prazas do Punto de Atención a Infancia (PAI) para o curso 2023- 2024.

Tanto as prazas de Renovación como as de Novo ingreso avaliadas como incompletas, terán que presentar a documentación complementaria que se lles solicita. A tal efecto, disporán de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación desta lista provisional, polo que o prazo rematará o 31 de xullo. A falta de presentación dalgún dos documentos requeridos, supoñerá a non valoración no correspondente epígrafe do baremo recollido no anexo IV, de calquera das circunstancias alegadas. Excepcionalmente, ao non cubrirse a totalidade das prazas, as solicitudes presentadas fora de prazo poderán constar no listado definitivo, sempre que presenten a documentación complementaria que se lles solicita, se é o caso. O listado definitivo de persoas admitidas e excluídas publicarase o 10 de agosto ná paxina web do Concello e no PAI.

Para calquera aclaración acerca da documentación complementaria requerida, poden chamar o teléfono 986733801 de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30

 

LISTADO PROVISIONAL PAI