CLASES PADEL
Fecha: 2023-10-09
Un curso máis o Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas clases de pádel.
Esta actividade vaise realizar en horario de mañá e tarde de luns a venres nas pistas de pádel no Pavillón de deportes Novo. Esta actividade está dirixida a nenos e adultos a partir dos 6 anos. Divídese en escola de nenos (6-12 anos), adolescentes (13-18 anos) e adultos (a partir dos 19 anos en diante)
É unha actividade deportiva que conta cunha gran demanda entre a veciñanza do noso municipio é en especial cada ano no aumento de inscricións na escola de nenos. O pádel o igual que tódolos deportes en idades temperás, favorece o desenvolvemento motriz aumentando a coordinación e mellorando o desprazamento e equilibrio, ten beneficios no desenvolvemento fisiolóxico xa que fomenta e axuda a estimular o estado anímico, mellora a autoestima e é perfecto para socializar.
A inscrición nestas clases para nenos, adolescentes e adultos comezará mércores 11 de outubro no Rexistro do Concello, situado na planta baixa do edifico administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben a través da sede electrónica.
O formulario para inscribirse poderá recollerse na mesa da entrada do mesmo edificio administrativo ou mediante instancia xeral na sede electrónica.
As clases iniciaranse o xoves 2 de novembro e finalizarán a finais do mes de xuño do vindeiro ano.