Curso de monitor de tempo libre
Fecha: 2023-11-07
O Concello do Grove organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre coa escola de tempo libre Balea.
Terá unha duración de 200 horas teóricas, das cales 120 serán presenciais e 80 en liña. Ademáis para obter o título, que estará homologado pola Xunta de Galicia, as persoas participantes terán que realizar 150 horas prácticas.
A formación impartirase os venres pola tarde e sábados e domingos de mañán e tarde e durará do 24 de novembro ao 27 de xaneiro do 2024.
O curso está subvencionado polo Concello do Grove quedando o prezo en 225 € por persoa e terán prioridade en participar as persoas empadroadas no noso concello.
O prazo de inscrición queda aberto ata o 17 de novembro.
A Oficina Municipal de información xuvenil (OMIX) será a encargada de aclarar dúbidas e recoller as inscricións na súa oficina situada no 2º andar da Casa do Concello (886214933, omix@concellodogrove.es