Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN DE NADAL

Fecha: 2023-12-12

  📆 O Grove, 12/12/19.- Despois da cerimonia de acendido das luces de Nadal, O Concello do Grove continua cunha ampla e atractiva programación de actividades e actuacións para todas as idades, coa finalidade de que grandes e pequenos gocen destas festas.

 

👉 Para fomentar a lectura e o uso do idioma entre a infancia púxose en marcha a iniciativa “Carta aos Reis Magos en galego” para a cal se repartiron entre Centros Educativos da vila un modelo de carta en galego deseñada e ilustrada polo grovense Anxo Rodríguez para que poidan pedir os seus agasallos.

 

👉 Do 7 de decembro ao 15 de xaneiro pódese visitar na sala de exposicións da Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” a exposición do XI Certame de Pintura “Ernesto Goday”.

 

👉 Actividades da biblioteca.

 

Na biblioteca desenvolverase varias actividades para os máis pequenos da casa con prazas limitadas e inscrición previa.

 

O 20 de decembro ofreceranse dous obradoiros de Nadal para a rapada de 4 a 7 a nos e de 8 a 12 anos. Ambos os dous están completos.

 

O 28 de decembro Raquel Queizás achegará á biblioteca do Grove “A viaxe de Nano”, un contacontos para bebés. As prazas tamén están completas para esta actividade.

 

O 29 de decembro terá lugar o obradoiro “CSI o roubo da tarta”, dirixido á rapazada a partir de 8 anos. Os participantes converteranse en axentes de policía e investigarán, utilizando, a Ciencia o roubo dunha tarta. Buscarán pegadas, elaborarán retratos robot e analizarán o ADN mentras resolven o crime.

 

👉Isto é Rock!. O 22 de decembro ás 19.30 h desenvolverase no Auditorio do Grove un dos eventos máis especiais e esperados desta programación: Isto é Rock!. Un concerto para todos os públicos con sabor a solidariedade para axudar a quen máis o precisa.

 

A grovense Carolina Rubirosa xunto coa súa banda e o escritor Javier Becerrá nos achegarán a un divertido e emocionante repaso pola historia da música rock e pop dirixido a público de todas as idades. Trátase dun espectáculo baseado no libro Isto é rock! con sabor a Nadal para iniciar ao ritmo da mellor música as vacacións desta marabillosa época do ano.

 

As persoas que desexen asistir deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas. 👉Ludoteca de Nadal Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro organizarase unha ludoteca de Nadal para a rapazada de 4 a 10 anos no Colexio das Monxas. As inscricións para a ludoteca realizaranse na OMIX, situada no segundo andar na Casa do Concello, do 18 ao 22 de decembro.

 

👉Concerto de Fin de Ano.

 

O 30 de decembro, a partir das 19.00 h celebrarase no Auditorio do Grove o Concerto de Fin de Ano coa actuación da Banda de Música do Grove e a Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño.

 

A entrada é gratuíta pero as persoas que desexen asistir deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal entre os día 18 e 29 de decembro.

 

👉Cabalgatas e visita do carteiro real A todo o anterior hai que sumar as cabalgatas de Papá do Nadal e dos Reis Magos, o 24 de decembro e o 5 de xaneiro, así como a visita do carteiro real ao Grove o día 2 e San Vicente o 3 de xaneiro. A cabalgata de Papá do Nadal saíra ás 19:00 h desde a Ponte da Toxa, percorrendo as rúas Castelao, da Praza, Beiramar, Luís Casais e Castelao. No caso da cabalgata dos Reis Magos, sairá ás 18:00 h desde o colexio Valle-Inclán ata Praza do Corgo onde ofrecerán o habitual saúdo á vila do Grove.

 

👉Máis iniciativas.

 

O 21 de decembro ás 19.30 h terá lugar no Auditorio do Grove a Audición de Nadal da Escola de Música, con entrada libre.

 

Tamén no Auditorio, o 23 de decembro, a Asociación cultural Cantodorxo, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá o seu Festival de Escola de Baile.

 

O Apalpador estará na Aldea Grobit na Toxa os días 21, 22 e 23 de decembro, de 16.30 a 18.30 h. organizado pola Asociación Cultural Enxebre, conta co financiamento do Concello do Grove.

 

O 31 de decembro na Rúa Castelao terá lugar a Carreira San Silvestre, organizada pola ANPA Valle-Inclán coa colaboración do Concello do Grove.

 

Así mesmo a asociación EMGROBES tamén ofrecerá as Prebadaladas e festa Infantil a mañá do 31 de decembro.

 

cartel