Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Clases de Piscina 2024

Fecha: 2024-01-08

 Un curso máis o Concello do Grove a través da Concellería de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas clases de piscina para maiores no hotel Louxo na llla da Toxa. Esta actividade ten unha grande demanda entre os veciños/as do noso municipio, debido os numerosos beneficios que aporta a saúde. Mellora da circulación sanguínea, das enfermidades de pel, axuda a reducir os dores musculares, reduce o estrés entre outros.

 

A inscrición realizaranse no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou a través da sede electrónica. O prazo comeza o  mércores 10 de xaneiro.

 Poderán recollerse os impresos a partir do mañá martes 9 de xaneiro  na planta baixa do edificio administrativo.

As clases iniciaranse o luns 15 de xaneiro e finalizarán o 31 de maio de 2024.

 

DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN