Novo prazo para inscribirse en 2 prazas dispoñibles en percusión e linguaxe musical
Fecha: 2024-01-25
Desde a Concellería de Educación, infórmase, que se abre un novo prazo para inscribirse en 2 prazas dispoñibles en percusión e linguaxe musical.
A inscrición realizarase no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo en horario de 9.00 a 14.00 h, ou a través da sede electrónica.
O prazo comeza o venres 26 de xaneiro e finaliza o luns 26 de febreiro.
Poderán recollerse os impresos en papel a partir de mañá, xoves 25 de xaneiro, na planta baixa do edificio administrativo.
As clases iniciaranse en febreiro. Os alumnos admitidos serán avisados por teléfono pola Dirección da escola, os demais solicitantes quedaran nunha lista de espera.