Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE XA TEN LISTO O PROGRAMA DO GRAN ENTROIDO MECO 2024

Fecha: 2024-01-26

 O Grove, 26/01/2024.- O Concello do Grove xa ten lista a Programación do Gran Entroido Meco 2024 que se desenvolverá desde o 8 ata o 17 de febreiro.

O programa dará comezo o xoves 8 de febreiro cos xa tradicionais xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila.

Festival de comparsas

O sábado 10, terá lugar “O Festival de comparsas 2024” que se celebrará por segundo ano no Auditorio do Grove e no que se repartirán 6.150,00 € en premios. As entradas poderán adquirirse o propio sábado 10 no pavillón municipal dos deportes en horario de 10.30 a 14.00 h.

O Festival transmitirase en directo a través de Todogrove e, así mesmo, colocarase unha pantalla na zona exterior para que todas e todos poidan seguilo en tempo real.

Nesta edición incrementáronse os premios para as comparsas participantes. Ademais do accésit de participación de 350,00 euros, establécense os seguintes premios:

Primeiro: 1.200 €, diploma, e bandeira

Segundo: 1.000 € e diploma

Terceiro: 900 € e diploma

Cuarto: 650 € e diploma

Quinto: 550 € e diploma

Sexto: 450 € e diploma

Domingo de Entroido

O domingo 11 de febreiro aqueles que non puideran asistir ao Festival de comparsas poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove.

Pola tarde terá lugar, a partir das 17.00 h, o Festival Infantil de Disfraces amenizado por Javi Solla que volve a celebrarse no Pavillón Municipal dos Deportes. Ademais ofrecerase pintacaras,  maquillaxe glitter así como chocolate con churros e palomiñas para a rapazada.

Luns, 12 de febreiro de 2024. Festa de sobremesas de Entroido

Como novidade desta edición do Entroido Meco o luns 12 de febreiro, de 10.00 a 13.00 h, celebrarase a Festa Infantil de sobremesas de Entroido no Pavillón Municipal dos Deportes para a rapazada de ata 12 anos.

O Obradoiro de hostalería da Lanzada servirá orellas e filloas á rapazada, que encherá as súas filloas con diversos doces a súa disposición.

Tamén poderán degustar "San Franciscos" que elaborarán eles mesmos coa axuda do persoal de restaurante-bar do Obraodoiro e aprenderán a facer divertidas figuriñas cos panos de mesa.

A xornada estará amenizada con música de disco móbil e divertidas coreografías, haberá pintacaras para a rapazada e, para finalizar a xornada, ofrecerase un espectáculo de maxia. Todo isto a cargo de Barafunda animación.

Gran Marcha do Entroido Meco

O martes 13 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco durante a cal se repartirán 7.125,00 € en premios

 

Categoría

Subcategoría

Premio

Contía (euros)

Adultos (máis de 14 anos)

Grupos de máis de 12

Primeiro

1000

Segundo

700

Terceiro

500

Grupos de ata 12

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Infantil (ata 14 anos)

Grupos

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Choqueiros

 

Primeiro

100

Segundo

75

Terceiro

50

Para facilitar a participación no concurso, se permitirá a inscrición on line a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina Web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do citado correo electrónico.  

A entrega de Premios terá lugar o mesmo martes 13 de febreiro nunha Festa con animación con DJ Studio 21 a partir das 20.30 h no Pavillón Municipal dos Deportes.

Enterro da sardiña

O venres 16de febreiro instalarase a capela ardente na Praza do Corgo para velar á finada e ás 20.00 h sairá a comitiva fúnebre desde a Praza do Corgo ata o lugar de incineración.

Entroido en San Vicente: Choqueiros na Area

O sábado 17 de febreiro celebrarase a partir das 16.00 h a Concentración de Choqueiros, queima do vimbio e actuación de comparsas en San Vicente.

Festa organizada pola Asociación Roza do Pedrol coa colaboración do Concello do Grove