Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Consulta pública previa Ordenanza VMP

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza Reguladora sobre ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CIRCULACIÓN DOS VEHÍCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL NO CONCELLO DO GROVE, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Pode consultar o documento aquí

Todas las noticias