Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Clases de Piscina 2025: Inscrición Aberta

Fecha: 2024-11-28

O Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición para as clases de ximnasia de mantemento na piscina do Hotel Louxo, situado na Illa da Toxa.

Estas actividades combinan exercicio, diversión e benestar, destacando polos seus beneficios para a saúde: mellora da mobilidade articular e muscular, fortalecemento do corazón, redución do estrés e prevención de lesións. Todas as sesións están dirixidas por profesionais e desenvolvense nunha contorna única para proporcionar unha experiencia saudable.

  • Horario das clases: Luns, mércores e xoves de 9:00 a 10:00 h.
  • Prezos:
    • 1 sesión semanal: 24 €/mes.
    • 2 sesións semanais: 42 €/mes.

Inscricións:

  • Prazo de inscrición: A partir do mércores 4 de decembro.
  • Lugar: Rexistro do Concello (Edificio Administrativo), de 9:00 a 14:00 h, ou a través da sede electrónica.
  • Recollida de impresos: Desde o luns 2 de decembro, na planta baixa do edificio administrativo.

As clases iniciarán o xoves 2 de xaneiro e finalizarán o 31 de maio de 2025.

Descarga o formulario de inscrición AQUI