Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Deputación de Pontevedra subvenciona equipamento para a aula de mocidade do Grove

Fecha: 2025-03-20

O Concello do Grove mellorará a aula de actividades para a mocidade situada no colexio das Monxas grazas ao programa "O teu espazo xuvenil" da Deputación de Pontevedra. A través desta liña de axudas, subvenciónase a adquisición de novo equipamento para dotar este espazo de mellores recursos para a xuventude grovense.

A subvención, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o pasado 2 de maio, busca facilitar que a mocidade dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia dispoña de lugares públicos axeitados para reunirse e desenvolver iniciativas de interese social en beneficio da comunidade.

No caso do Grove, a Deputación de Pontevedra financia o 80% do investimento, o que supón 1.645,70 euros dun total de 2.742,83 euros, mentres que o Concello asume o 20% restante.

Este proxecto permitirá reforzar as infraestruturas municipais destinadas á mocidade, fomentando un espazo adecuado para o encontro, a creatividade e o desenvolvemento de actividades xuvenís na vila.