Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis da LXIII Festa do Marisco

Fecha: 2025-07-14

Aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis da LXIII Festa do Marisco

O Concello do Grove convida á cidadanía a participar no concurso de carteis para a edición número 63 da Festa do Marisco, que se celebrará entre o 1 e o 12 de outubro de 2026.

O prazo de presentación estará aberto ata o 8 de agosto de 2025 ás 14.00 h, e os traballos poderán entregarse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Alcalde Xacobe Barral, 3), de forma presencial ou por correo postal.

O cartel gañador recibirá un premio de 600 euros e será empregado como imaxe oficial da festa, aparecendo en programas, folletos, redes sociais e outros materiais promocionais.

As propostas deberán presentarse tanto en formato vertical como horizontal, en tamaño 30 x 45 cm, incluíndo o nome “Festa do Marisco. O Grove 2026”, as datas da festa e, preferentemente, o anagrama do Concello (a centola coa cunca). Será necesario entregar tamén unha copia dixital en alta resolución.

Cada participante poderá presentar unha única proposta orixinal, seguindo as condicións establecidas nas bases do concurso, dispoñibles na sede electrónica do Concello.

Animamos a artistas, deseñadores e persoas creativas a presentar as súas propostas e contribuír á promoción dunha das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia.

Máis información e bases completas AQUI