Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Apertura de prazas na Escola de Música Municipal para o curso 2025/2026

O Concello do Grove informa da apertura de prazas na Escola de Música Municipal Pepe Silva para o curso 2025/2026, que comezará o mércores 1 de outubro.

Instrumentos e prazas dispoñibles:
Piano (2), Guitarra (2), Saxofón (1), Canto (1), Violonchelo (1), Violín (1), Bombardino (1), Frauta (1), Clarinete (1), Trombón (1), Trompa (1), Trompeta (1), Música e movemento (2), Estimulación musical (1).

Alumnado prematriculado:
Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de prematrícula no mes de xuño está admitido e continuará na Escola de Música nos mesmos instrumentos cursados durante o curso 2024/2025.

Inscricións para novas prazas:

O prazo de inscrición comeza o 26 Setembro e manterase aberto sen data de peche. As solicitudes cubriranse por orde de entrada no Rexistro; as persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda. As clases comezarán o día 1 de Outubro 

Os impresos están dispoñibles na páxina web municipal www.concellodogrove.es e tamén en formato papel na planta baixa do Edificio Administrativo.

A Dirección da Escola de Música Municipal contactará coas familias para organizar os horarios correspondentes.

Descarga o formulario

Formulario de inscrición


Todas las noticias