O Concello do Grove pon en marcha a 5ª edición da campaña “Merca no Grove”
Fecha: 2025-10-20
O Concello do Grove inicia a quinta edición da campaña “Merca no Grove”, unha iniciativa destinada a apoiar o comercio local e fomentar o consumo de proximidade.
Nesta nova convocatoria emitiranse 1.700 paquetes de bonos por un valor total de 30 euros, compostos por dous bonos de 10 euros e dous bonos de 5 euros, que poderán empregarse nos establecementos adheridos á campaña.
A campaña desenvolverase do 20 de outubro ao 31 de decembro de 2025, ofrecendo ás persoas consumidoras a posibilidade de adquirir bonos de desconto e contribuír así ao fortalecemento do tecido comercial local.
Os comercios interesados en participar poden formalizar a súa adhesión ata o 15 de novembro de 2025, a través do formulario dispoñible en https://mercanogrove.concellodogrove.es/registroTienda.html.
Pola súa parte, as persoas consumidoras poderán adquirir os seus bonos a partir do 20 de outubro, a través da ligazón https://mercanogrove.concellodogrove.es/bonos.html.
Con esta nova edición, o Concello do Grove reafirma o seu compromiso co comercio de proximidade, promovendo unha economía máis sostible e favorecendo o desenvolvemento local.