Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de inscrición para o curso 2026/2027 ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO GROVE

Fecha: 2026-07-30

Apertura do prazo de inscrición para o curso 2026/2027.

Inicio das clases: 1 de outubro de 2026.

Prazo de inscrición: desde o luns 3 de agosto de 2026 ata a finalización do curso, en xuño de 2027.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello. As persoas que non obteñan praza pasarán automaticamente á listaxe de agarda, desde a que se cubrirán as vacantes que se produzan ao longo do curso.

Recoméndase presentar igualmente a solicitude, aínda que inicialmente non haxa prazas dispoñibles, xa que durante o curso poden producirse baixas, renuncias, cambios de especialidade ou reorganizacións dos grupos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rexistro Xeral do Concello:
Edificio Administrativo
Rúa Alcalde Xacobe Barral, número 3
Horario de 9.00 a 14.00 horas.

Sede Electrónica:
concellodogrove.sedelectronica.gal

O impreso de solicitude estará dispoñible AQUI e na planta baixa do Edificio Administrativo.

Descarga o formulario incripcion escola de musica

Durante o mes de setembro, a Dirección da Escola Municipal de Música contactará co alumnado para comunicar a adxudicación das prazas, a incorporación á listaxe de agarda e a organización dos horarios.