Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026-2027

Chega un novo curso e regresan as actividades deportivas organizadas pola Concellería de Deportes do Concello do Grove. Unha nova oportunidade para coidarse, manterse en forma e compartir hábitos saudables.

Inicio das actividades: 1 de setembro de 2026.

Prazo de inscrición : a partir do 18 de agosto de 2026. Os impresos estarán dispoñibles para a súa descarga AQUI ou desde o día anterior na planta baixa do Edificio Administrativo.

 As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica ou, de maneira presencial, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas

As prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral. As persoas que non obteñan praza pasarán automaticamente á listaxe de agarda, desde a que se cubrirán as vacantes que se produzan ao longo do curso. Cada actividade contará cunha listaxe de admisión e de agarda independente.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rexistro Xeral do Concello:
Edificio Administrativo
Rúa Alcalde Xacobe Barral, número 3
Horario de 9.00 a 14.00 horas.

Sede Electrónica:
concellodogrove.sedelectronica.gal a traves da instancia xeral

O impreso de solicitude estará dispoñible AQUI e na planta baixa do Edificio Administrativo.

FOLLA INSCRICIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2026 2027


Todas las noticias