Actividades para un envellecemento activo: últimas prazas dispoñibles
O Concello do Grove pon en marcha unha nova edición das actividades para un envellecemento activo, unha iniciativa dirixida a favorecer o benestar, a participación social e o mantemento das capacidades físicas e cognitivas das persoas participantes.
As actividades comezarán o martes 20 de outubro e desenvolveranse en dous grupos:
- Martes e xoves, de 10.30 a 13.00 horas.
- Mércores e venres, de 10.30 a 13.00 horas.
Aínda quedan últimas prazas dispoñibles para participar no programa.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no local de Vellos Tempos, en Monte da Vila.
Desde o Concello do Grove anímase ás persoas interesadas a participar nesta proposta, que busca promover un envellecemento activo a través de actividades de estimulación, creatividade, convivencia e lecer.
