Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN DO 2º SEMESTRE DE 2026 DA REDE GALEGA DE TEATROS COA OBRA “OS DOUS DE SEMPRE”

O Grove, 13 de novembro de 2026.- O Concello do Grove continúa a programación do 2º semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros e Auditorios coa obra “Os dous de Sempre”.

“Os dous de sempre” é un espectáculo teatral do segundo semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros Auditorios para público xuvenil e adulto, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas en colaboración co dúo cómico Mofa & Befa.

Baixo a dirección de Quico Cadaval, este espectáculo supón a adaptación teatral da novela escrita por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, publicada orixinalmente en 1934.

Foco Castelao en escena

Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón, ou nos Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto club, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor. 

Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademais, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, tolos e animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, escindidos dun mesmo corpo polo bisturí do doutor Castelao, e que andan polo mundo incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo ese corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás, e outra, cómeas.

Adquisición de entradas

As entradas, cun prezo xeral de 8,00 € e prezo reducido de 5,00 € para estudantes, poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 20 de novembro, de 10.00 a 13.00 hou no propio Auditorio do Grove o sábado 21 de novembro, de 19.30 a 20.30 h.

cartel

Todas las noticias